Samaín

A Galicia máxica

 



SAMAÍN OS ROSALES👻

Este ano a Asociación prepara un Samaín moi especial e terrorífico. Será o 31 de Octubro no centro comercial dos Rosales, asi evitaremos as inclemencias do tempo!!!

 

PROGRAMACIÓN

 

Dende as 16:30 os nenos e nenas poderán ir disfrazados polas rúas do barrio buscando aqueles negocios que se apuntan o "Truco ou trato". 

📢PEDIMOSVOS AS FAMILIAS E OS NEN@S MOITO RESPETO OS COMERCIANTES QUE ESTÁN A TRABALLAR. ESPERADE A PODER SER ATENDIDOS!!!! UNHA FESTA CON EMPATÍA É UNHA FESTA MOITO MELLOR❤️

Os negocios participantes no TRUCO OU TRATO terán nos seus escaparates de forma visible o seguinte cartel nas suas dúas versións:

 

Estas son as tendas que participan, tedes a ubicación no código QR do cartel. Estade atentos porque poden sumarse mais!!!👀👻

 

A partir das 18:00 poderán disfrutar de todo tipo de talleres no centro Comercial, pintacaras, manualidades, globoflexia...

 

As 19:00 celebraremos un desfile con todos aqueles nenos e nenas que o desexen. A todos e todas elas daráselles un número para logo entrar nun sorteo de regalos o final do desfile. Haberá 2 categorias:

-Maiores de 10 anos e menores desta idade.

 

TODOS OS PARTICIPANTES LEVARÁN A SUA BOLSIÑA DE CHUCHES o baixar do defile!!!🛍️

 

As 21:00 bailaremos todos o ritmo do dúo DOSENPUNTO, pechando asi un dia de sorpresas terroficas para todos os públicos!!!

 

ATENCIÓN SOCI@S!!!

Todos os socios e socias que vos pasedes pola festa poderedesvos achegar o stand da Asociación co voso carnet de soci@ (que ides recibir estes dias) e o voso DNI e levaredes un agasallo por colaborar coa Asociación a mellorar o noso barrio.

Tamén teremos follas de inscripción se te queres facer soci@ e información sobre a nosa labor!!

 

Esperamosvos a tod@s!!!!