Condicións de uso

(importante a súa lectura)

 

As presentes normas regulan o uso do blog www.asociacionvecinalculturalydeportivalosrosales.com, do que son co-titulares un grupo da veciñanza do barrio de Los Rosales, en colaboración coa súa Asociación Veciñal, con enderezo na praza Elíptica 1, 15011, A Coruña. O acceso ao blog atribúe a condición de persoa usuaria e supón a aceptación das presentes normas e de calquera outra obriga que se derive da normativa que resulte aplicábel. O acceso ao blog ten carácter gratuíto e non se exixe susbcrición ou rexistro previo por parte das persoas usuarias para ler, aínda que as persoas administradoras se reservan o dereito de requirir autentificación por medio dunha conta de usuario, tamén gratuíta, para o acceso de escritura.

A persoa usuaria obrígase expresamente a facer uso do blog dunha forma dilixente e correcta e a non empregar o blog para a realización de actividades contrarias á lei, á moral, aos bos costumes ou á orde pública establecida e con fins ou con efectos ilícitos, prohibidos ou lesivos de dereitos e intereses de calquera persoa física ou xurídica, marca ou nombre comercial. De acordo co anterior, as persoas usuarias que fagan comentarios no blog deben rexistrarse e seguir unhas normas básicas; do contrario, as mensaxes serán eliminadas. En particular, a persoa usuaria deberá absterse de:

  1. Repetir ou enviar de forma masiva comentarios de forma que se dificulte a participación no blog do resto das persoas usuarias.
  2. Enviar mensaxes que non se ciñan ao blog proposto.
  3. Incluir números de teléfono ou enderezos persoais.
  4. Poñer á venda calquera ben ou servicio, promover enquisas, concursos ou cadenas de cartas.
  5. Distribuír contidos de forma ilícita.
  6. Difundir informacións ou materiales difamatorios, obscenos, indecentes ou ilícitos ou que infrinxan as normas ou as regras de boa conduta.
  7. Difamar, inxuriar, hostigar, acosar, ameazar ou asumir calquera tipo de conducta que vulnere os dereitos de outros ou terceiros.
  8. Violar a dignidade da persoa e discriminar por motivos de raza, sexo, relixión, opinión, nacionalidade, discapacidade o calquera outra circunstancia persoal ou social.
  9. Rexistrar máis dunha conta de usuario diferente, tratándose da mesma persona.

Queda así mesmo prohibido que os contidos difundidos, a través del blog:

  1. Atenten contra a protección da infancia, a xuventude e a muller.
  2. Invadan ou lesionen a intimidade de terceiros.
  3. Supoñan ou poidan supoñer, dalgún modo, un risco para a saúde ou a integridade física ou psíquica das persoas usuarias.
  4. Vulneren dereitos de propiedade industrial ou intelectual de terceiros.
  5. Sexan falsos, ambiguos, inexactos e/ou extemporáneos, de xeito que podan inducir a erro sobre o seu obxecto ou sobre as intencións ou propósitos da persoa usuaria, e en xeral supoñan bulos, «fake news» ou calquera outro tipo de información negacionista.
  6. Induzan, inciten ou promovan calquera tipo de (i) actuacións delitivas, denigratorias, difamatorias, infamantes e/ou violentas, (ii) actuacións, actitudes e/ou ideas discriminatorias por razón de sexo, raza, relixión, crenzas, idade ou condición, (iii) actuaciónss que desenvolvan un estado inaceptable de ansiedade ou temor; incorporen mensaxes delitivos, violentos, pornográficos, degradantes, e/ou dalgún modo, sexan contrarios á moral, aos bos costumes comunmente aceptados ou á orde pública establecida.

Os comentarios non deberán exceder dos 500 carácteres de extensión e deberán ir firmados co nick do autor. Así mesmo, as persoas administradoras, a Asociación Vecinal cultural e deportiva de Los Rosales e o resto de persoas colaboradoras do blog resérvanse o dereito de suprimir, por calquera razón e sen previo aviso, calquera comentario ou a opción de incluír comentarios nos blogs.

Nin as persoas administradoras, nin a Asociación Vecinal cultural e deportiva de Los Rosales  teñen a obriga de controlar o emprego que as persoas usuarias fan do blog e, conseguintemente, non se pode garantir que as persoas usuarias empreguen o mesmo de conformidade co establecido nas presentes Condicións nin que fagan un uso dilixente e/ou prudente do mesmo. Asemade, a Asociación Vecinal cultural e deportiva de Los Rosales tampoco ten a obriga de verificar e non verifica, coa excepción de que se empregara ou non un email válido durante o proceso de rexistro ou publicación, a identidade das persoas usuarias, nin a veracidade, vixencia, exhaustividade e/ou autenticidade dos datos que as persoas usuarias, no seu caso, proporcionen sobre sí mesmos.

A utilización do blog así como a difusión e almacenaxe dos contidos polas persoas usuarias serán da exclusiva responsabilidade da persona que os tiver xerado. A persoa usuaria, polo tanto, sera a única responsábel do uso do blog así como de todos os contidos que almacene, poña a disposición ou difunda a través do mesmo.

A Asociación Vecinal cultural e deportiva de los Rosales resérvase a facultade de cancelar, suspender, bloquear ou eliminar determinado tipo de contidos mediante a utilización de instrumentos tecnolóxicos aptos ao efecto, se tivese coñecemento efectivo de que a actividade ou a información almacenada e/ou difundida é ilícita ou de que lesiona bens ou dereitos dun terceiro, xa sexa persoa física o xurídica, marca ou nome comercial.