Novas do Centro Cívico dos Rosales

 


16/12/2024

Información sobre as festas e talleres que se van a levar a cabo nos centros cívicos da Coruña durante este Nadal.

 

Aproveitamos para desexarlles unhas felices festas.


10/12/2024

Encontro de corais "Música no Nadal" que organica a Concellaría da área de Benestar do Concello de A Coruña e que terá lugar o 18 de decembro as 17:00 no centro Ágora.

 

O público poderá recoller as invitacións no servizo de conserxaría do centro cultural Ágora o día 17 de decembro en horario ininterrompido de 09.00 a 20.30 h e o mesmo día da actuación de 09.00 a 16.45 h.


04/12/2024

Achegamos información sobre dúas pequenas obras de teatro que vai programar a compañía de teatro afeccionado "Teatro Portasabertas" no centro cívico de Rosales o martes 10 de decembro ás 19.00.

 

O acceso é libre e gratuíto ata completar aforo.


03/12/2024

Enviamos cartel informativo e enlace web da convocatoria de actividades socioculturais, nos centros cívicos do Concello da Coruña, para o período de xaneiro a maio de 2024.


23/11/2024

Enviamos información sobre os campamentos de Nadal que se van a celebrar nos centros cívicos da Coruña.


04/10/2024

Información sobre as prazas vacantes na convocatoria de actividades socioculturais do centro cívico de Rosales.

 

Excepto en apoio escolar, que é unha actividade gratuíta e que continuará aberta a inscrición ata a cobertura de prazas, para inscribirse no resto de actividades, débese contactar coa conserxería do centro cívico canto antes porque o período de inscrición e pago finaliza o domingo 6 de outubro.

 

Tamén vos queriamos informar de que a partir deste venres retomamos a actividade de "Espazo Xove", unha actividade dirixida a rapazas e rapaces de 12 a 17 anos, que ten lugar os venres de 18:30 a 20:30, e que é gratuíta e de acceso libre.


26/09/2024

Enviamos información sobre as actividades para menores que programamos no centro cívico de Labañou e Rosales e que aínda teñen prazas dispoñibles.

 

Achegamos tamén unha mostra dos  xeniais vídeos que crean os nenos e nenas na actividade de "Animación con Stop-motion".


30/08/2024


05/03/2024

 

Remitimos información sobre a actividade "Recuncho do xogo" que se vai a levar a cabo nos centros cívicos e veciñais da Coruña, durante o período vacacional de Semana Santa, en concreto os días 25,26 e 27 de marzo.


31/01/2024

 

Remitimos información sobre un interesante obradoiro de animación dixital que imos levar a cabo no centro cívico de Rosales.

 


30/01/2024

Festas de entroido no Centro Cívico dos Rosales

 


30/01/2024

 

Remitimos información sobre as actividades con prazas libres nos centros cívicos da contorna.

Para inscribirse poden achegarse ao longo desta semana á conserxería de cada un dos centros cívicos.

 


07/12/2023

 

Informámoslles da obra de teatro "Ligerito caminando" que programou o grupo de teatro afeccionado "Portas Abertas" no salón de actos do centro cívico de Rosales o martes 12 de decembro ás 18:30.

 

O acceso é gratuíto.

 

Esperamos que sexa do seu interese e agradecemos difusión.

 


01/12/2023

 

Convocatoria Municipal de actividades socioculturales nos centros Cívicos

 


29/11/2023

 


13/11/2023

 

Achegamos información sobre unha xornada multiaventura de Rafting o sábado 18 de novembro, está organizada polo Concello da Coruña e dirixida a menores de 12 a 17 anos.

Trátase dunha actividade gratuíta e a inscrición levarase a cabo o 13,14 e 15 de novembro na conserxería do centro cívico de Rosales.

As prazas son limitadas e a admisión será por orde de inscrición.

 


19/09/2023

 

Pago de actividades OFRECIDAS POLOS CENTROS CÍVICOS:


Ir a https://coruna.gal/ingresos. O "código" é o da actividade (aparece na última columna do documento de admisións). O "documento" é o DNI. O "concepto" aparece cando picamos sobre a frecha da dereita. Comprobade os datos e a actividade xunto con o importe a pagar. Seleccionar "Xerar autoliquidación". Para pagar con cartón hai que pulsar sobre "pagar con cartón" 👇👇👇👇👇👇👇👇👇


23/08/2023