Club Deportivo Los Rosales

 


01/03/2024

 

NECESITAN O NOSO APOIO!!

⬇️⬇️⬇️⬇️⬇️⬇️⬇️⬇️⬇️⬇️

 

Pensamos que o noso club é coñecido por todos como un lugar onde a paixón polo deporte únese cunha comunidade moi firme no barrio. Con todo, nestes tempos, enfrontámonos a dificultades que afectan directamente as nosas operacións e proxectos.

Como xa sabedes moitos, o noso principal patrocinador decidiu non renovar, debido a un cambio de propietarios e modificación na súa estratexia de visibilización.

A pesar da entrada de 2 novos patrocinadores (mil grazas PIRATAS DEL BASKET e IPSUM MONTAJES S.L.!! ), non houbo cambios na situación económica debido a que estes achegaron sobre todo material deportivo que facilitamos de forma gratuíta aos xogadores e xogadoras dos nosos equipos.

Para asegurar un futuro sostible e exitoso para o noso club, estamos a buscar patrocinadores que compartan a nosa visión e valores. É aquí onde necesitamos a vosa axuda e participación activa.

Pedímosvos que, como membros comprometidos deste club, consideres a posibilidade de contribuír cos vosos esforzos para identificar posibles patrocinadores nas vosas redes persoais e profesionais. Isto podería incluír empresas locais, comercios ou mesmo contactos persoais que poidan ter interese en apoiar o noso club.

Se coñecedes a alguén ou tendes proposicions de posibles patrocinadores, animámosvos sinceramente a achegarvos ao equipo directivo ou mandádenos un email de contacto a este correo:

patrocinios@clubdeportivolosrosales.com.

 


13/12/2023

 

BONO DEPORTE

 

PODES BAIXALOS DENDE O 8 DE XANEIRO

 

INFORMACION BONO DEPORTE DA XUNTA DE GALICIA.

Información referente ao BONO DEPORTE da Xunta de Galicia que saíu publicado no DOG do 11 de decembro 2023 (DOG Núm. 233).

Trátase dun bono destinado a axudar ás familias nos gastos derivados da práctica deportiva de NENOS E NENAS con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos, que estean federados ou inscritos no programa XOGADE. Cada menor terá dereito a un único Bono Deporte, aínda que teña varias licencias deportivas.

Os bonos poden utilizarse para mercar material e equipamento deportivo para o/a menor, así como para pagar a cota de clubs deportivos. Cada bono terá un valor de 120,00 € e terá a consideración de bono desconto do 80% da compra ou servizo adquirido. O importe do bono irá reducíndose en función do valor da compra realizada (IVE incluído).

Solicitude dos bonos:


Para a obtención dos bonos cada persoa beneficiaria deberá darse de alta na web www.bonodeporte.gal e cubrir unha ficha coa información solicitada. A descarga dos bonos realizarase nesta web, e nese momento entenderase preconcedida a axuda. Os bonos irán concedéndose por orde de solicitude ata o esgotamento do crédito previsto (16.120.000,00 €).

Os bonos poden descargarse dende o día 8 de xaneiro de 2024 ata o 29 de febreiro do mesmo ano. No obstante se antes do 29 de febreiro se esgota o crédito máximo fixado, nese momento finalizaría o prazo de descarga.

A validez dos bonos extenderase dende a súa descarga ata o 1 de xullo de 2024.

Achegamos a información completa da Orde e do Extracto da mesma, nos documentos adxuntos así como nos enlaces que se indican a continuación.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231211/AnuncioG0690-041223-0003_es.html


VICEPRESIDENCIA PRIMERA Y CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, JUSTICIA Y DEPORTES
EXTRACTO de la Orden de 5 de diciembre de 2023 por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión de ayudas, en régimen de concurrencia no competitiva, del Programa de promoción de la actividad deportiva en edad escolar a través del Bono deporte, se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, para el año 2024 y se abre el plazo para la adhesión de los establecimientos comerciales, entidades deportivas y prestadores de servicios deportivos (código de procedimiento DE402D).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231211/AnuncioG0690-041223-0002_es.html


VICEPRESIDENCIA PRIMERA Y CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, JUSTICIA Y DEPORTES
ORDEN de 5 de diciembre de 2023 por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión de ayudas, en régimen de concurrencia no competitiva, del Programa de promoción de la actividad deportiva en edad escolar a través del Bono deporte, se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, para el año 2024 y se abre el plazo para la adhesión de los establecimientos comerciales, entidades deportivas y prestadores de servicios deportivos (código de procedimiento DE402D).


12/12/2023

 

Participade no concurso de postais de Nadal do Club Deportivo Los Rosales!!!!

 


30/11/2023


25/11/2023

 

O Club Deportivo dos Rosales di NON a violencia de xénero!!!

 


Proxima xornada do noso Club Deportivo Los Rosales!!!! Podedes pasarvos a animalos!!! A por todas!!!

 


04/10/2023

Comeza a tempada!!!

 


04/10/2023

Ánimo campionas!!!⬇️


No barrio dos Rosales contamos con un magnifico Club Deportivo. 

Pinchade na imaxe para saber todo sobre él ⬇️