Novas da Biblioteca pública dos Rosales
14/12/3024
10/12/2024
INSCRICIÓN ABERTA:
https://www.coruna.gal/bibliotecas/gl/actividades/persoais/actividades-nas-bibliotecas/detalle-evento/hoxe-xogamos-a-xogos-de-mesa-na-biblioteca-os-rosales-para-todos-os-publicos/suceso/1453880352427
O próximo sábado 14 de novembro ás 11.00 h teremos a última sesión do ano de presentación de Xogos de mesa na Biblioteca Municipal Os Rosales.
Na actividade, con inscrición previa, tanto familias como persoas adultas, así como o resto dos públicos que se queiran anotar, poderán coñecer unha selección de xogos de mesa e xogar con eles. Haberá mesas nas que xuntarse para as partidas e 2 monitores de Metrópolis Cómics presentarán e explicarán os xogos para estes grupos.
Para personas adultas pensamos nos xogos: Azul, Carcasone, Wingspan e 450 cosas que hacer en tu vida.
Para xogar en familia seleccionamos: Times up!, Block&Block, Familias animales e Unánimo.
Pero seguro que acabamos mostrando máis xogos, a mañá da para moito! Para participar, só tedes que inscribirvos e vir con moitas ganas de desfrutar. Agardámosvos!
27/11/2024
24/10/2024
Adjuntamos el cartel de curso que vamos a tener de informática: " Curso sobre trámites administrativos en linea", del 4 al 8 de noviembre de 10.00-13.00 horas. La inscripción es presencial, a partir de las 9.00 horas del día 28 de octubre.
29/04/2024
Quieres conocer los sistemas de supervisión de los menores en los entornos digitales, así como herramientas para el control de los tiempos, contenidos y localizaciones?
Adjuntamos los carteles de las actividades que van a tener lugar en la biblioteca próximamente. Están abiertas a todos los públicos hasta completar aforo.
- Xoves 02 maio : Conversa con Ana de Miguel: Do amor e A Odisea: século XXI
- Martes 07 maio : Primavera Literaria 2024: Conversa con Xosé Monteagudo arredor de "Vémonos mañá"
- Xoves 16 maio : Biblioteca Verde: Plantas medicinais: pasado, presente e futuro con Ángeles Bernal Pita
24/04/2024
11/03/2024
Ciclo de encontros: Primavera Literaria 2024
https://www.coruna.gal/bibliotecas/gl/actividades/destacadas-2024/primavera-literaria-2024
Nace o ciclo #PrimaveraLiteraria2024 na Biblioteca Os Rosales. Nesta edición imos contar coa participación de Xurxo Souto, Alejandro Tobar, Xosé Monteagudo e Paula Carballeira.
Están dirixidos tanto aos tres clubs de lectura, Café con libros, como ao resto da poboación do barrio e da cidade. Aínda que promovemos e asistimos á variada oferta literaria da cidade ao longo do ano, sempre é unha motivación extra para todas, contar con autoras e autores na nosa propia Biblioteca e/ou con actividades específicas dirixidas ás lectoras fieis de Café con libros.
Para este 2024 recibiremos a Xurxo Souto para falar da relación música + poesía e homenaxear así a Luísa Villalta. Conversaremos con Alejandro Tobar sobre a tradución ao galego de obras de prestixio. Profundizaremos na historia real de Josefina Arruti e de Bibiano F. Osorio-Tafall a través da novela "Vémonos mañá" de Xosé Monteagudo. E finalizaremos da man de Paula Carballeira e "As alumnas", Premio Nacional de Literatura Dramática 2023.
A entrada aos encontros é libre ata completar a capacidade. Estades todas convidadas!
06/03/2024
Novo ciclo de conferencias na Biblioteca Os Rosales.
Nace un novo ciclo temático na Biblioteca Os Rosales. "A era da cancelación: identidades, corrección política e guerras culturais no século XXI".
Tecnicamente, a cancelación consiste na retirada de apoio público a toda persoa ou institución que incorra en prácticas ou difunda ideas culturalmente inaceptables. Trátase dun dos grandes debates sociais do noso tempo e por iso na Biblioteca Municipal Os Rosales imos dedicarlle: unha mostra bibliográfica con materiais sobre a temática (pensamento woke, xenerismo queer, descolonización, racialismo, deconstrución, interseccionalidades, etc.) en distintos formatos; lecturas e debates dentro das sesións do trimestre do Pensatorio e dos clubs de lectura Café con libros; e dúas charlas con expertos na materia.
A primeira delas será nunha semana: o mércores 13 de marzo, ás 18.30 h convesaremos con Ángel Enrique Carretero Pasín (profesor na USC) arredor da charla: "Imaxinarios sociais e guerras identitarias no marco da cultura da cancelación". A segunda, o martes 19 de marzo, ás 18.30 h da man de Lorena Gómez Ménde (bibliotecaria na USC) arredor da conversa: "Do politicamente correcto á cancelación: unha aterraxe (e aproximación) bibliotecaria".
⬇️⬇️⬇️⬇️pincha aqui⬇️⬇️⬇️⬇️
11/02/2024
Ola, veciños.
Queríamos informarvos de que hoxe, 12 de febreiro, abriuse o prazo de inscrición no primeiro dos cursos en COMPETENCIAS DIXITAIS da oferta da Biblioteca Municipal Os Rosales para 2024.
O curso é sobre Identificación Dixital (DNI, Chave 365, Cl@ve, certificado electrónico, Sergas, permiso de conducir, etc.). é un curso de nivel básico, ofertamos 8 prazas e a inscrición é presencial. O curso comenza o vindeiro luns, 19 de febreiro, en horario de 10:00 a 13:00 e son 3 días seguidos (é dicir, remata o mércores 21).
Enviámosvos adxunto un arquivo do cartel coa nosa oferta completa de cursos para 2024 por se queredes darlle difusión no blog da asociación e a través das vostas redes sociais. Deixámosvos tamén por aquí un enlace á nosa páxina web con toda a información específica do curso de Identificación Dixital:
Para calquera dúbida ou cuestión que vos surxa, podedes poñervos en contacto con nós vía correo electrónico, teléfono ou presencialmente.
22/01/2024
Actividades que vamos a ter estos días na Biblioteca dos Rosales:
Tamén teremos as seguintes actividades, pincha no enlace para ver toda a información:
04/11/2023
A Pegada de Max (Asociación Protectora de Animais Domésticos Abandonados) e HEVEGA - Hermandad Venezolana, ofrécennos a presentación do libro Perretes con suerte e as personaxes que viven nos Rosales.
Gozaremos coa súa autora, Sharon Sitzer, dun contacontos e un taller de marcapáxinas dirixido a familias con nenxs de 6 a 10 anos en horario de maña.
Require inscrición previa.Pincha na foto⬇️
26/09/2023
Actividades que realiza a Biblioteca dos Rosales
Actividades Infantiles
- Meriendas con cuentos (aún sin fechas, pendiente adjudicación)
- Bebencontros (comenzaran en noviembre y os comentaremos la preinscripción)
- Encontros para familias (tendremos el primero a finales de octubre y también os pasaremos más adelante la infomación)
- Visitas escolares (hasta enero del 2024 no comenzarían)
- Colaboración con los colegios e institutos del barrio
Actividades de adultos
- Clubs de lectura (completos y empiezan el día 2 de octubre)
- Club de filosofía, El Pensatorio (completo y empiezan en día 5)
- Club de escritura (completo y comienza el jueves 28)
Otras
- Servicio de préstamo a domicilio para todas aquellas personas que no puedan acercarse a la biblioteca